Bases Participación ARGALICA 2020

29ª EDICIÓN – ARGALICA
MOSTRA DE ARTESANÍA DE CANGAS DO MORRAZO – PONTEVEDRA

LUGAR E DATAS

Lugar: Paseo Marítimo de Cangas do Morrazo como alternativa a los Xardins do Sinal que serán ocupados por el mercadillo de los viernes.

Data: 15 de xullo ao 2 de agosto de 2020
Horario: 11 a 14 e 19 a 23 h

MONTAXE

As casetas poderán montarse o día 14 de xullo pola mañán. Os participantes terán á súa disposición a caseta desde ese mesmo día ás 8:00 horas,

DESENVOLVEMENTO

Inauguración:

A mostra inaugurarase o mércores 15 de xullo ás 13:00 horas. Nese momento, todos os expositores terán que ter as súas montaxes terminadas.

Horario:

O horario da feira será de 11 a 14 e de 19 a 23 h.
O respecto do horario forma parte das bases e por tanto, os expositores comprométense a respectalo abrindo a caseta ás horas estipuladas, durante o transcurso da mostra, hai días en que pecharemos máis aló das 23 h, pero son días puntuais e avisaremos por megafonía ou a través do grupo de Whatsapp da feira desta circunstancia. En ningún caso abriremos os caseta antes da hora, salvo os 15 minutos de rigor que nos permite arrombalos.

Recinto:

O recinto da Mostra serán os Paseo Marítimo se non se pode nos Xardins do Sinal.

Número de participantes:

A feira contará con aproximadamente 25 a 35 casetas en liña e NON se montarán casetas enfrontadas. O número de participantes dependerá dos tamaños de casetas elixidos e o modo de participación elexido.

Tipo de casetas:

A Mostra realizásese en casetas de exterior con persiana frontal, inclúen: tarima, beirado, iluminación led e peche de seguridade con persiana.

A maiores, dada as circunstancias especiais ás que nos obriga a situación post pandemia, cada caseta irá separada da outra por un panel de 50 cm que evitará o contacto entre o público dunha e o público doutra.

Cada caseta dispoñerá de dispensador de hidroalcohol germicida e desinfección nocturna.

Ofértase a posibilidade de utilizar casetas de diferentes tamaños. Pero a posibilidade de elección está supeditada ao número de casetas. Polo cal se asignarán por orde de inscrición ou reserva. En caso de non poder asignarte a opción que elixises, consultarémosthe telefónicamente.

As medidas das casetas ofertadas son as seguintes:

  • Mediano: 3 m x 2 m (individual)
  • Grande: 4 m x 2 m (individual o compartida máx 2 obradoiros)
  • Caseta no presencial 4 m x 2 m (hasta 4 obradoiros, inclúe atención e mobiliario)
    Mínimo 1m cada obradoiro, mesa con 3 escalones más estantería de tres estantes de 90cm

Seguridade e Desinfección

A organización encargarase da vixilancia das casetas durante as horas nas que a mostra permaneza pechada ao público, pero non se fai responsable dos posibles roubos ou danos que poidan ocorrer durante o transcurso da mostra.

Tambén se realizará desinfección nocturna de todas as casetas e se facilitarán os complementos de seguridad sanitaria necesarios para evitar os contagios.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

É condición indispensable para participar en ARGALICA, que todos os produtos estean feitos de forma artesanal. Unha comisión de AFIGA velará polo cumprimento deste requisito, reservándose o dereito de retirar o material que non o cumpra e mesmo de expulsar ao participante que infrinxe esta condición, sen devolver as cotas de participación satisfeitas polo mesmo.

A comisión que controlará os produtos expostos, resultará elixida dun sorteo entre os expositores asistentes á mostra que pertenzan a AFIGA.

As condicións para participar son as seguintes:

  • Produtos feitos de forma artesanal (prohibida a revenda)
  • Dispoñer de Carta de artesán/a ou equivalente.
  • Cumprir coas obrigacións legais da actividade económica que exerces.
  • É recomendable que o taller teña autorización para o uso da marca ARTESANIA de GALICIA.
  • Realizar os pagos correspondentes ao espazo contratado na data estipulada.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

  • Socios de AFIGA e participantes de edicións anteriores
  • Orde de envío da solicitude
  • Diversidade e orixinalidade de oficios e produtos
  • Disposición a realizar demostracións durante o transcurso da mostra.
  • Situación xeográfica (Artesáns do Morrazo, Pontevedra, Galegos, Resto de Comunidades)

PREZO DAS CASETAS

Os prezos poden variar debido a os importes pendentes de confirmar dos equipos de desinfección e ás exigencias do Ministerio de Sanidad en cuanto a medidas sanitarias para este tipo de feiras.

Prezos das casetas para participar durante toda a feira:

  • Caseta 3×2 m – 965 € / Precio por dia: 48.25 €
  • Caseta 4×2 m – 1285 € / Precio por día: 64.25 €
  • Caseta 4×2 m compartida– 650 € cada expositor (máximo 2)
  • Caseta No presencial 4x2m (incluye atención y mobiliario) – 570 € /m

Prezos das casetas para participar durante media feira (condicionado a disponibilidad de participantes que desexen compartir media feira)

  • Caseta 3×2 m – 505 € / Precio por día: 50.50 €
  • Caseta 4×2 m – 705 € / Precio por día: 70.50 €
  • Caseta 4×2 m – 360 € cada expositor (máximo 2)
  • Caseta 4×2 m No Presencial 10 días: 300 €

En caso de recibir algún tipo de axuda, subvención ou patrocinio, o prezo diminuirá proporcionalmente ao tamaño da caseta (está a negociarse con Institucións e Obras Sociais de diferentes entidades) É improbable que poida incrementarse o prezo da caseta. Pero en caso de suceder consultarase unha a un, aos participantes admitidos se aínda desexan participar.

FORMA DE PAGO

  • O pago do stand, farase unha vez admitidos na mostra será ou 1º de xullo.
  • Non se permitirá montar a caseta a quen non ingresase o importe completo da cota de participación, o cal será ocupado por outro participante que esté na lista de espera.

PRAZO E SOLICITUDE

Os artesáns/ as interesados en participar en ARGÁLICA 2020 deben:

  • Encher a solicitude online (podes chamarnos o envar un whatsapp e te inscribimos)
  • Fotografía das pezas que expoñerá na Mostra
  • Fotocopia da carta de artesán.
  • Breve Dossier do Obradoiro

Se participaches en edicións anteriores non é necesario que envíes fotografías salvo que cambiases de produto.

Podes enviar a solicitude de inscrición de diversas formas, todas son igual de válidas, as de correo postal terán como data de solicitude a do cuño.

  • Enchelas online en www.afiga.org
  • Correo electrónico a argalica@afiga.org o Whatsapp (no asunto da mensaxe debes poñer “Solicitude 2020”),

Data límite de recepción de solicitudes: 20 de xuño

Atención!! As admisións serán por orde de chegada das solicitudes.