MOSTRA DE ARTESANÍA DE CANGAS DO MORRAZO – PONTEVEDRA
LUGAR E DATAS
Lugar: Xardins do Sinal – Desde el paso de peatones hasta la fuente
Data: 15 ao 31 de xullo
Horario: 11 a 14 e 19 a 23 h
MONTAXE
As casetas poderán montarse dende o día 14 de xullo pola tarde e hasta as 11 horas do día 15 de xullo.
DESENVOLVEMENTO
Inauguración:
A mostra inaugurarase o 15 de xullo ás 11:00 horas. Nese momento, todos os expositores terán que ter as súas montaxes terminadas.
Horario:
O horario da feira será de 11 a 14 e de 19 a 23 h.
O respecto do horario forma parte das bases e por tanto, os expositores comprométense a respectalo abrindo a caseta ás horas estipuladas, durante o transcurso da mostra, hai días en que pecharemos máis aló das 23 h, pero son días puntuais e avisaremos por megafonía ou a través do grupo de Whatsapp da feira desta circunstancia. En ningún caso abriremos os caseta antes da hora, salvo os 15 minutos de rigor que nos permite arrombalos.
Recinto:
O recinto da Mostra serán os Xardins do Sinal, como as derradeiras edicións.
Número de participantes:
A feira contará con aproximadamente 25 a 30 casetas en liña e NON se montarán casetas enfrontadas.
Tipo de casetas:
A Mostra realizásese en casetas de exterior con persiana frontal, inclúen: tarima, beirado, iluminación, toldo e peche de seguridade con persiana.
Cada caseta dispoñerá de dispensador de hidroalcohol germicid.
Ofértase a posibilidade de utilizar casetas de diferentes tamaños. Pero a posibilidade de elección está supeditada ao número de casetas. Polo cal se asignarán por orde de inscrición ou reserva. En caso de non poder asignarte a opción que elixises, consultarémosthe telefónicamente. Si queres una caseta de máis de 3x2m, contacta con nós.
As medidas das casetas ofertadas son as seguintes:
- Mediano: 3 m x 2 m (individual)
- Grande: 4 m x 2 m (bajo pedido, individual o compartida)
Vixilancia e Desinfección
A organización encargarase da vixilancia das casetas durante as horas nas que a mostra permaneza pechada ao público, pero non se fai responsable dos posibles roubos ou danos que poidan ocorrer durante o transcurso da mostra.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
É condición indispensable para participar en ARGALICA, que todos os produtos estean feitos de forma artesanal. Unha comisión de AFIGA velará polo cumprimento deste requisito, reservándose o dereito de retirar o material que non o cumpra e mesmo de expulsar ao participante que infrinxe esta condición, sen devolver as cotas de participación satisfeitas polo mesmo.
A comisión que controlará os produtos expostos, resultará elixida dun sorteo entre os expositores asistentes á mostra que pertenzan a AFIGA.
As condicións para participar son as seguintes:
- Produtos feitos de forma artesanal (prohibida a revenda)
- Dispoñer de Carta de artesán/a ou equivalente.
- Cumprir coas obrigacións legais da actividade económica que exerces.
- É recomendable que o taller teña autorización para o uso da marca ARTESANIA de GALICIA.
- Realizar os pagos correspondentes ao espazo contratado na data estipulada.
CRITERIOS DE SELECCIÓN
- Socios de AFIGA
- Obradoiros da marca Artesanía de Galicia.
- Orde de envío da solicitude
- Diversidade e orixinalidade de oficios e produtos
- Disposición a realizar demostracións durante o transcurso da mostra.
- Situación xeográfica (Artesáns do Morrazo, Pontevedra, Galegos, Resto de Comunidades)
PREZO DAS CASETAS
Os prezos son estimados, a falta de confirmación de algúns dos presupuestos de proveedores.
Prezos das casetas para participar durante toda a feira:
- Caseta 3×2 m – 880 € / Precio por dia: 49,50€
Prezos das casetas para participar durante media feira (condicionado a disponibilidad de participantes que desexen compartir media feira)
- Caseta 3×2 m – 485 € 1ª metade / 450€ 2ª Metade
En caso de recibir algún tipo de axuda, subvención ou patrocinio, o prezo diminuirá (está a negociarse con Institucións e Obras Sociais de diferentes entidades) É improbable que poida incrementarse o prezo da caseta. Pero en caso de suceder consultarase unha a un, aos participantes admitidos se aínda desexan participar.
FORMA DE PAGO
- O pago do stand, farase en dous cuotas, una vez admitidos na mostra. 50% antes do 5 de xuño / 50% antes do 10 de xullo
- Non se permitirá montar a caseta a quen non ingresase o importe completo da cota de participación, o cal será ocupado por outro participante que esté na lista de espera.
PRAZO E SOLICITUDE
Os artesáns/ as interesados en participar en ARGÁLICA 2022 deben:
- Encher a solicitude online (podes chamarnos o envar un whatsapp e te inscribimos)
- Fotografía das pezas que expoñerá na Mostra
- Fotocopia da carta de artesán.
- Breve Dossier do Obradoiro
Se participaches en edicións anteriores non é necesario que envíes fotografías salvo que cambiases de produto.
Podes enviar a solicitude de inscrición de diversas formas, todas son igual de válidas, as de correo postal terán como data de solicitude a do cuño.
- Enchelas online en www.afiga.org
- Correo electrónico a argalica@afiga.org o Whatsapp/Telegram ao Nº605607425 (no asunto da mensaxe debes poñer “Solicitude 2022”),
Data límite de recepción de solicitudes: 25 de maio
Atención!! As admisións serán por orde de chegada das solicitudes.