BASES DE PARTICIPACIÓN

MOSTRA DE ARTESANÍA DE CANGAS DO MORRAZO – ARGÁLICA 2025

Organiza: AFIGA – Asociación de Artesáns/as de Galicia
Lugar: Xardíns do Sinal – Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Fechas: Do 11 ao 27 de xullo de 2025
Horario: De 11:00 a 14:00 h e de 19:00 a 23:00 h


1. LUGAR E DATOS XERAIS

A Mostra terá lugar nos Xardíns do Sinal, desde o paso de peóns ata a fonte, como nas anteriores edicións. O espazo estará delimitado e contará con seguridade.


2. MONTAXE E INAUGURACIÓN

  • As casetas poderán montarse o día 10 de xullo pola tarde e ata as 11:00 h do día 11 de xullo.

  • A Mostra inaugurarase o 11 de xullo ás 11:00 h, momento no que todos os postos deberán estar completamente montados e operativos.


3. HORARIO DE FUNCIONAMENTO

  • O horario da feira será de 11:00 a 14:00 h e de 19:00 a 23:00 h.

  • As persoas expositoras comprométense a respectar escrupulosamente o horario, sendo obrigatoria a apertura das casetas nos horarios establecidos.

  • En días puntuais poderá ampliarse o horario de peche, sendo avisado por megafonía ou a través do grupo de WhatsApp da feira.

  • Non se poderá abrir antes da hora sinalada, agás os 15 minutos de cortesía para preparación do posto.


4. INFRAESTRUTURA

  • A Mostra contará con 25 a 30 casetas dispostas en liña (non enfrontadas).

  • As casetas serán de 3×2 m, con persiana frontal, tarima, beirado, iluminación e peche de seguridade.

  • Inclúese toldo e mostrador como elementos opcionais.


5. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

Requisitos obrigatorios:

  • Produtos realizados artesanalmente (queda expresamente prohibida a revenda).

  • Carta de Artesán/a ou documento acreditativo equivalente.

  • Cumprimento das obrigas legais da actividade.

  • Abono do importe completo nas datas estipuladas.

Recomendacións:

  • Uso autorizado da marca Artesanía de Galicia.

Control de calidade:

  • Unha comisión de AFIGA velará polo cumprimento destas normas.

  • Poderase retirar material non conforme ou expulsar o expositor/a infractor/a.

  • Sortearase unha comisión de control entre os expositores membros de AFIGA.


6. CRITERIOS DE SELECCIÓN

A selección realizarase segundo os seguintes criterios:

  1. Pertenza a AFIGA.

  2. Orde de chegada das solicitudes.

  3. Disposición a facer demostracións en vivo.

  4. Diversidade e orixinalidade dos produtos.

  5. Proximidade xeográfica (preferencia: Morrazo → Pontevedra → Galicia → resto do Estado).

  6. Uso da marca Artesanía de Galicia.


7. PREZO DAS CASETAS

(prezos estimados, pendentes de confirmación final)

  • Participación completa (do 11 ao 27 de xullo): 990€

    • Cota de inscrición: 190 € (ao solicitar a participación)

    • Resto do pago: 800 € (antes do 15 de xuño)

  • Participación parcial (media feira): 550€

    • Cota de inscrición: 150€ (ao solicitar a participación)

    • Resto do pago: 400€ (antes do 15 de xuño)

    • Só se permite se hai outra persoa para compartir a caseta. Consultar dispoñibilidade.

Non se permitirá o acceso á montaxe a quen non teña completado o pagamento no prazo establecido. A caseta será reasignada a outra persoa en lista de agarda.


8. AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA

Este ano non se solicitarán axudas colectivas, pero os talleres que conten co uso autorizado da marca Artesanía de Galicia poden solicitar individualmente a subvención autonómica, que cobre ata o 75% do custo da caseta.

Faciliaremos FActura Proforma y Certificado de participación para solicitar las axudas


9. SOLICITUDE E PRAZOS

As persoas interesadas deben enviar a súa solicitude antes do 30 de maio de 2025, xunto con:

  • Fotos das pezas a expor (salvo que xa participaras sen cambios).

  • Fotocopia da Carta de Artesán/a.

  • Breve dossier do taller.

Formas de envío:

  • Formulario en liña: www.afiga.org

  • Correo electrónico: argalica@afiga.org

  • WhatsApp/Telegram: 605 607 425 (poñer no asunto “Solicitude 2025”)

  • Correo postal: (contará a data do cuño postal)

As solicitudes serán admitidas por orde de chegada. A participación definitiva confirmarase por parte da organización.


Para máis información ou asistencia coa inscrición, podes contactar connosco por teléfono ou mensaxería instantánea.

AFIGA agradece o voso interese e traballa para facer desta edición de ARGÁLICA un espazo de encontro, beleza e compromiso coa artesanía.